As bases de datos son potentes ferramentas para a investigación, empréganse para obter información académica sobre un tema. A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.
Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións; cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón 

Imaxe: Rexistro bibliográfico co botón de Perseo na base de datos Web of Science
Recompila literatura científica hispana: artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos. Céntrase principalmente nos ámbitos das ciencias humanas, xurídicas e sociais.
Indexa diversos tipos de documentos (artigos, capítulos, actas de congresos, patentes etc.) de todas as disciplinas científicas, cunha cobertura xeográfica moi ampla. Ademais, proporciona métricas derivadas das citas dos documentos polo que se emprega tamén na avaliación da produción científica.
Outras guías e titoriais: videotitorial
Plataforma que da acceso a varias bases de datos bibliográficas multidisciplinares e outros produtos de Clarivate (JCR, Incites etc.).
Códigos e normas de autorregulación de Autocontrol e doutros organismos de autorregulación españois e estranxeiros.
Solicite o contrasinal de acceso na biblioteca. Se o solicita por correo electrónico, identifíquese co seu nome, apelidos e dni.
Lembre desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso.
Base de datos a texto completo sobre xestión, economía, finanzas, contabilidade e negocios.
Hemeroteca dixital que recolle prensa de información xeral, económica, deportiva etc., fundamentalmente do ámbito español.
Base de datos económico-financeira que recolle máis de 1.000.000 de empresas españolas, das que proporciona información xeral e as contas anuais.
Podes obter máis información sobre as bases de datos as que tes acceso consultando o A-Z de recursos