AIMC (Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación)
A Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) ten coma obxectivo principal o estudo e a medición das audiencias dos medios de comunicación en España: diarios, revistas, dominicais, radio, televisión, cine e Internet.
Realiza os seguintes estudos:
EGM (Estudio General de medios): analiza os hábitos de consumo de todo tipo de medios de comunicación, de produtos e equipamientos do fogar, e de estilos de vida. Publícase anualmente distribuido en tres "olas". Só poden acceder os asociados, mais algúns datos do EGM son de distribución aberta e pódense consultar na web de AIMC.
Resumo xeral de resultados EGM: publicado tres veces ao ano, con cada ola do EGM. Contén datos (do ano móvil, é dicir, acumulados das tres últimas olas) de todos os medios: Diarios, Suplementos, Revistas, Radio, Televisión, Cine, Internet e Exterior.
Marco General de los medios en España, editado a principios de cada ano cos datos do EGM do ano anterior e evolucións, tanto de medios como de consumos e equipamientos do fogar.
Audiencia de Internet en el EGM, editado con cada ola do EGM.
Tamén publica o informe Lectores por ejemplar, pódese acceder libremente ao Resumen ejecutivo.