As bases de datos son potentes ferramentas para a investigación, empréganse para obter información académica sobre un tema. A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.
Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións; cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón 

Imaxe: Rexistro bibliográfico co botón de Perseo na base de datos Web of Science
Indexa diversos tipos de documentos (artigos, capítulos, actas de congresos, patentes etc.) de todas as disciplinas científicas, cunha cobertura xeográfica moi ampla. Ademais, proporciona métricas derivadas das citas dos documentos polo que se emprega tamén na avaliación da produción científica.
Outras guías e titoriais: videotitorial
Plataforma que da acceso a varias bases de datos bibliográficas multidisciplinares e outros produtos de Clarivate (JCR, Incites etc.).
Texto completo das normas UNE vixentes, anuladas e ratificadas.
Termos de uso: o acceso a AENORmás está limitado aos membros da comunidade universitaria da UVigo, asinante da licenza e implica aceptar que o uso desta plataforma e dos documentos nela incluídos é estritamente académico.
Acceso a publicacións científicas e técnicas de enxeñaría publicadas fundamentalmente polo IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers).
Base de datos xurídica sobre medio ambiente e prevención de riscos laborais que inclúe lexislación vixente, xurisprudencia etc. Recolle tamén o Código ambiental coa lexislación básica en medio ambiente.
Solicite o contrasinal de acceso na biblioteca. Se o solicita por correo electrónico, identifíquese co seu nome, apelidos e dni.
Lembre desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso.
Plataforma de vídeos científicos para o ensino e a investigación.
Ofrece dúas coleccións:
Máis información: Biblioguía sobre JoVE
Consulta o noso A-Z de recursos para obter máis información sobre as bases de datos.