As principais e mais tradicionais vías para acadar o acceso aberto son:
| Estas vías non son excluíntes: un artigo publicado nunha revista en acceso aberto tamén se pode depositar nun repositorio respectando as condicións da editorial (versión do artigo, período de embargo etc.). A publicación en aberto dun artigo non exime da obrigación de depositalo nun repositorio se así o esixe a axencia de financiamento. |
Posteriormente, xurdiron outras variantes como a vía bronce que fai referencia a artigos que son de lectura gratuíta nas páxinas dos editores pero sen unha licenza aberta explícita que permita a súa distribución e reutilización e, a diamante ou platino que se refire a revistas que publican os seus artigos en acceso aberto pero non cobran tasas por ler nin publicar. Xeralmente, estas revistas están financiadas por institucións académicas ou gubernamentais; ou por sociedades científicas.
A Universidade de Vigo conta co Repositorio Institucional INVESTIGO para o depósito da produción científica pola vía verde.