Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Bibliometría

Altmetric

Altmetric.com é unha ferramenta dixital que recompila e analiza datos sobre o impacto social e mediático das publicacións científicas

  • Altmetric Attention Score (AAS): é un valor numérico que resume a atención que recibe unha publicación en medios sociais, blogs, noticias e outras fontes. Cada fonte ten un peso distinto segundo a súa influencia.

  • Demografía en X: identifica o perfil das contas que mencionan un artigo e amosa a súa distribución xeográfica, o que permite ver en que países xerou máis conversa a publicación.

  • Lectores en Mendeley: estes datos amosan o interese académico inicial, antes mesmo de que haxa citas formais, e tamén permiten ver a disciplina e o nivel académico dos lectores (estudantes, investigadores, docentes...).

  • Datos en contexto: amosa datos que comparan o Altmetric Score do artigo con outros publicados na mesma revista, no mesmo período ou na mesma revista e período.

  • Indicadores desagregados por fonte: X, Facebook, Reddit, Blogs, Noticias, Wikipedia, Youtube, Patentes, etc

PlumX

PlumX é unha ferramenta desenvolvida por Plum Analytics, actualmente parte de Elsevier, que proporciona métricas alternativas para avaliar o impacto da produción científica máis aló das citas tradicionais. 

  • Citas: Inclúe citas formais a través de fontes académicas e tamén, en parte, citas en patentes.

  • Uso: Indica cantas veces foi consultada unha publicación.

  • Capturas: reflicte interese ou intención de ler, gardar ou compartir a publicación para un uso futuro.

  • Mencións: mide discusións e referencias á publicación en medios non-académicos.

  • Social Media: Indica difusión e interacción en redes sociais, útil para detectar atención pública ou viralidade.