Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Bibliometría

Google Académico

Google Académico é un buscador científico, que inclúe indicadores bibliométricos para as publicacións, as revistas e as persoas que contan cun perfil persoal. Os indicadores máis relevantes son:

  • Total de citas: mostra cantas veces foron citadas as publicacións de un autor dentro da base de datos.

  • Índice h: indica a produtividade e impacto combinados; significa que un autor ten un determinado número de artigos con polo menos ese mesmo número de citas cada un.

  • Índice i10: reflicte cantas publicacións teñen como mínimo dez citas.

  • Evolución anual das citas: permite seguir como vai cambiando o impacto co paso do tempo.

  • Citas por publicación: detalla as citas que recibe cada traballo específico.

  • Coautoría: amosa unha lista de persoas colaboradoras, axudando a entender as redes de colaboración.

Dimensions

Dimensions é unha plataforma de información científica que inclúe todo tipo de publicacións, e indicadores bibliométricos asociados a elas:

  • Número de publicacións: por autor/a, revista, institución, tema ou país.

  • Número de citas: total de citas recibidas por unha publicación.

  • Field Citation Ratio (FCR): impacto normalizado por campo temático.

  • Relativa Citation Ratio (RCR): normaliza as citas en relación a un grupo de artigos co-citados.

  • Altmetric Attention Score: métrica de atención en redes sociais e medios.

  • Número de citas recentes: número de citas que recibiu unha publicación nos últimos 2 ou 5 anos.

Lens

Lens é un buscador de información científica que recolle publicacións de PubMed, Crossref etc., e das grandes oficinas de patentes de todo o mundo e proporciona algúns indicadores bibliométricos:

  • Número de publicacións: cantidade total de documentos científicos dispoñibles en Lens (artigos, capítulos etc.).

  • Número de citas recibidas: total de veces que as publicacións foron citadas por outros traballos científicos.

  • Citas en patentes: número de veces que as publicacións científicas foron citadas en patentes, o que amosa a transferencia de coñecemento cara á innovación tecnolóxica.

  • OA Ratio (Open Access Ratio): porcentaxe de publicacións dispoñibles en acceso aberto, útil para valorar a accesibilidade da produción científica.

  • Colaborative ratio: porcentaxe sobre coautoría entre investigadores/as, institucións ou países.

  • Indice h: mide a produtividade e o impacto mediante a cantidade de traballos con polo menos "h" citas.

  • Campos temáticos: Áreas científicas nas que se clasifican as publicacións, facilitando a análise por disciplinas.