Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Bibliometría

Dialnet Métricas

Dialnet Métricas ofrece indicadores bibliométricos para as revistas que indexa Dialnet, baseándose nas citas que reciben os seus artigos. Tamén ofrece indicadores para persoas investigadoras e artigos:

  • Índice de impacto Dialnet (IID): é unha métrica interna de impacto baseada só en citas recollidas en Dialnet.

  • Cuartís e percentís: en función do seu rendemento relativo dentro da súa área, as revistas sitúanse nun cuartil (C1 a C4) e un percentil (1–100) .

  • Número de citas recibidas (con e sen autocitas): Dialnet Métricas rexistra as citas recibidas por artigos tamén indexados en Dialnet.

  • Índice h: mide o número de artigos dunha revista que teñen, como mínimo, ese mesmo número de citas. 

  • Índice h5: é o índice h calculado unicamente cos artigos publicados nos últimos 5 anos. 

  • Índice m: relación entre o índice h e o número de anos desde que a revista está indexada en Dialnet.