Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Bibliometría

Investigo

O repositorio institucional da Universidade de Vigo, Investigo, ofrece tamén indicadores bibliométricos:

  • Número de publicacións: total de documentos rexistrados no repositorio pertencentes a un autor ou autora, grupo ou institución.

  • Veces citado en Scopus: número total de veces que as publicacións foron citadas por outros documentos indexados na base de datos Scopus.

  • Altmetrics Attention Score (non sempre dispoñible): indicador que reflicte o grao de atención que unha publicación recibiu en fontes non académicas, como redes sociais, blogs, medios de comunicación ou Wikipedia. 

  • Número total de visitas e visitas por meses: cantidade de veces que as publicacións foron visualizadas, tanto no total acumulado como de forma mensual.

  • Descargas: número total de veces que os documentos foron descargados polos usuarios. 

  • Países con máis visualizacións: listaxe dos países desde os que se produciron máis visualizacións das publicacións. 

  • Cidades con máis visualizacións: listaxe das cidades con maior número de accesos ás publicacións.