ResearchGate é unha rede social académica e unha plataforma en liña deseñada para facilitar a comunicación e a colaboración entre persoas investigadoras, científicas e persoal académico de todo o mundo.
Lecturas (Reads): número de veces que as publicacións foron vistas ou descargadas.
Citas (Citations): citas detectadas automaticamente en publicacións conectadas ao perfil.
Recomendacións (Recommendations): número de veces que outras persoas rexistradas en Researchgate recomendaron un traballo.
Seguidores (Followers): número de persoas rexistradas que seguen a unha persoa investigadora.
Research Interest Score: reflicte o nivel de interese que xera unha investigación na comunidade científica de Researchgate.
Academia.edu é unha plataforma en liña orientada á difusión de traballos académicos.
Visualizacións de documentos (Document Views): número de veces que se accedeu a unha publicación.
PaperRank: índice que mide o impacto relativo dun documento dentro de Academia.edu
AuthorRank: métrica composta que avalía a influencia global dunha persoa rexistrada en Academia.edu
Seguidores (Followers): número de persoas rexistradas en Academia que seguen o perfil da persoa investigadora.
Citas (se se conecta con Google Scholar): número de veces que un perfil ou os documentos dun autor ou autora foron mencionados por outras persoas na plataforma.
Visitas totais (Public views): número acumulado de visualización que recibiron os documentos ou o perfil dun autor/a.
Percentil de visitas (Top): indica a posición relativa dunha persoa respecto doutras segundo o número de visitas.
Mendeley é unha plataforma de xestión de referencias bibliográficas e unha rede social académica que lles permite a investigadores e investigadoras organizar, compartir e descubrir os resultados das súas investigacións
Citas: número de veces que un documento foi citado noutras publicacións científicas.
Lectores (Readers): número de persoas rexistradas en Mendeley que gardaron unha publicación nas súas bibliotecas persoais.
Estatísticas por disciplina: distribución das persoas lectoras por área de coñecemento.
Estatísticas por nivel académico: perfil demográfico das persoas lectoras (estudantado, persoal investigador, profesorado…).