Estes son os indicadores bibliométricos máis relevantes que se poden obter en Scopus:
Número de citas: igual que en WoS, total de citas que recibe unha publicación.
Índice h (h-index): dispoñible para autores, institucións, revistas.
CiteScore: indicador similar ao factor de impacto, coa diferenza de que considera un período de 4 anos no canto de 2 e inclúe todos os documentos.
SJR (SCImago Journal Rank): mide a influencia científica das revistas considerando a calidade das citas (ponderadas pola importancia da revista citante).
SNIP (Source Normalized Impact per Paper): indica o impacto dunha revista normalizado polo campo temático.
Field-Weighted Citation Impact (FWCI): indica se unha publicación foi citada máis ou menos que a media no seu campo.
Cuartís (Q1, Q2, etc.): tamén clasifica as revistas en cuartís segundo a súa categoría temática.
Percentil: sitúa un artigo dentro da súa categoría temática segundo o número de citas.
Categoría e rango: mostra a clasificación temática dunha revista e a súa posición dentro desa categoría segundo o SJR
Scival é a ferramenta bibliométrica que obtén datos de Scopus. Algúns dos indicadores máis relevantes que se poden obter en Scival son:
Número de publicacións: total de documentos científicos producidos por unha persoa, institución ou país nun período de tempo determinado.
Número total de citas: cantidade de veces que esas publicacións foron citadas por outros traballos rexistrados en Scopus.
Índice h (h-index): mide simultaneamente produtividade e impacto: un autor ten índice h se publicou h artigos con, como mínimo, h citas cada un.
CiteScore, SJR, SNIP da revista onde se publica: son métricas que valoran a calidade das revistas. CiteScore calcula a media de citas por artigo; SJR pondera o valor das citas segundo a revista de orixe; SNIP axusta as citas segundo o campo temático.
% de publicacións en Q1, Q2, Q3, Q4 (segundo Scopus/SJR): porcentaxe de artigos publicados en revistas clasificadas en cuartís segundo o indicador SJR.
Field-Weighted Citation Impact (FWCI): métrica que compara as citas recibidas cun valor de referencia segundo disciplina, tipo de documento e ano. Un valor superior a 1 indica rendemento por riba da media mundial.
% de documentos altamente citados (Top 1%, Top 10%): porcentaxe das publicacións que se sitúan entre o 1% ou 10% máis citado do mundo na súa categoría.
% de documentos en revistas top (Top Journal Percentile): Indica a porcentaxe de publicacións feitas en revistas que se atopan nos percentís máis altos por impacto.
Collaboration Indicators por país, institución, tipo (académico–industrial): mide a colaboración científica segundo nacionalidade, afiliación ou tipo de entidade, permitindo analizar redes de cooperación.
Scholarly Output por autor, institución ou tema: C¡cantidade de publicacións producidas, clasificadas por autor/a individual, entidade ou área temática.
Impacto en políticas públicas (a través de PlumX): número de veces que as publicacións foron citadas en documentos de políticas públicas, mostrando influencia fóra do ámbito académico.
Open Access (%): porcentaxe de documentos dispoñibles en acceso aberto, o que facilita a súa visibilidade e reutilización.