En calquera dos casos anteriores, deben cumprirse as seguintes condicións:
Non inclúen. Nesta convocatoria, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades só avalía a actividade investigadora.
Cal é o prazo de presentación de solicitudes?
Do 13 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2025
Para todos os casos, sexan funcionarios ou laborais, na sede electrónica da ANECA: http://aneca.sede.gob.es
Sen prexuízo do anterior, no caso do PDI laboral, debe terse en conta o indicado no apartado seguinte respecto da comunicación adicional á Universidade de Vigo.
O PDI funcionario non ten que levar a cabo ningunha xestión ante a Universidade de Vigo.
Sen embargo, o profesorado contratado doutor, permanente laboral ou axudante doutor, ademais de rexistrar a solicitude na sede electrónica da ANECA, debe emitir unha copia do xustificante da solicitude presentada en prazo (copia da solicitude asinada e xustificante coa data de rexistro) por correo electrónico ao Servizo de PDI da Universidade de Vigo (consultapdi@uvigo.gal). A falta desta comunicación impedirá que se poida realizar a avaliación.
O máis habitual é solicitar un único tramo de sexenios en cada convocatoria.
Pódese dar o caso de que alguén queira solicitar máis tramos na mesma convocatoria. Debe ter en conta que, de producirse unha avaliación negativa, nas vindeiras convocatorias só poderá recuperar un máximo de 3 anos do último tramo denegado, polo que non poderá volver usar en futuras convocatorias ningunha das publicacións dos tramos anteriores. Por iso o máis recomendable é solicitar só un tramo en cada convocatoria.
Si sempre e cando sexan aceptados e publicados nos sistemas coñecidos como de publicación continuada (forthcoming, online first, in press etc.) coa obrigatoriedade de presentar o identificador persistente (DOI, Handle, ARK, SWHID ou, en xeral unha URI/URL única permanente) da devandita publicación.
Segundo se recolle na convocatoria, cada aportación deberá incluír:
As aportacións substitutorias son as dúas publicacións que a persoa solicitante pode presentar ademais das aportacións principais, para substituír algunha delas no caso de que a comisión de valoración non a considere o suficientemente relevante. Non é obrigatorio engadir aportacións substitutorias pero si recomendable e debe engadirse na mesma orde na que quere que sexan tidas en conta.
Neste apartado cómpre incluír os datos mínimos para a localización de cada publicación (título, ano de publicación, título da revista ou do libro, ISSN ou ISBN, DOI...), e os seus indicios de calidade, do xeito máis resumido posible.
Como o espazo é limitado, pódense incluír os indicios de calidade no curriculum vitae e incluír unha ligazón ao texto completo de cada documento.
Nos criterios por campos indícase que "Deberán presentarse cinco aportacións principais, que poderán acompañarse de dúas aportacións substiturorias" e que "as aportacións que se presenten a un sexenio de investigación no podrán presentarse a una posterior convocatoria de sexenios de transferencia".
O currículum vítae normalizado debe incluír exclusivamente a actividade de investigación, desenvolvemento e innovación dos anos sometidos a avaliación.
Recoméndase utilizar o modelo de currículum da FECYT.
A utilización de indicadores bibliométricos para xerar narrativas que permitan a defensa das aportacións individuais dentro das políticas de avaliación fomentadas por DORA e CoARA. Para máis información sobre a bibliometría narrativa pódese consultar o artigo de Daniel Torres Salinas Entre métricas y narraciones: definición y aplicaciones de la "bibliometría narrativa", Fundamentos de bibliometría narrativa.
A taxonomía CRediT propón abandonar a noción de autor e utilizar unha máis realista desenvolvendo un sistema de representación que reflicta os tipos de colaboración da publicación, válidos para varios campos científicos, que permite describir os roles desempeñados por todos os autores. Esta taxonomía fixa en 14 as principais tarefas que pode desenvolver un autor nun traballo de investigación e que merecen recoñecemento.
Para máis información pódese consultar o artigo de Sandra Sánchez-García e Isabel Olea. CRediT, la taxonomía que identifica las contribuciones personales en las publicaciones científicas
Os criterios establecen que se requerirá o depósito das aportación en repositorios en acceso aberto, xa sexan institucionais, temáticos ou xerais: "o depósito da aportación poderase facer na modalidade de acceso aberto, restrinxido, embargado ou con acceso só a metadatos, respectando en todos os casos a xestión de dereitos de autor".
Na convocatoria indícase que, no caso de que a aportación non estea en acceso aberto, deberá achegarse coa solicitude o arquivo en PDF da aportación.
O repositorio institucional da Universidade de Vigo é Investigo.
Se quere coñecer outros repositorios, pode consultar este directorio.
Inclúense aportacións e medios de difusión que poidan xustificar unha actividade investigadora. Teranse en conta publicacións, patentes, informes, estudos, ditames, traballos técnicos, traballos artísticos, exposicións, escavacións arqueolóxicas, catalogacións etc. Tamén poden xustificar actividade investigadora conxuntos de datos, metodoloxías, programas de ordenador ou modelos de aprendizaxe.
Non. Pódense xustificar bolsas de investigación e contratos noutras universidades, centros de investigación ou fundacións, sempre que se dediquen á investigación (institucións públicas e privadas). No caso das bolsas cómpre xustificar que están destinadas a investigación, e no caso dos contratos cómpre presentar unha certificación asinada polo responsable de recursos humanos ou o cargo correspondente e no que se especifique o período de tempo e se indique que a persoa solicitante estivo vinculada a un proxecto de investigación.
Ten que solicitar a súa validación. Agora ben, o procedemento a seguir é distinto segundo o suposto no que se atope:
No seguinte enlace pódense consultar as preguntas frecuentes sobre sexenios da ANECA