Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Sexenios CNEAI

Guía de Sexenios CNEAI

Novidades Sexenios 2024

Establécense 5 achegas que poderán ser acompañadas de 2 achegas substitutorias. O número de aportacións pode ser inferior se os traballos teñen unha relavancia extraordinaria ou alto impacto científico e social ou se no periodo sometido a avaliación a persoa solicitante pode acollerse á Resolución de la directora de la Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación por la que se hacen públicos los criterios para garantizar que la igualdad, la conciliación y la inclusión sean efectivas en las evaluaciones del profesorado universitario y del personal investigador, neste último caso o número de achegas será de 4. 

Nos criterios específicos para os diferentes campos desaparecen os mínimos. Por exemplo, no campo Matemáticas o ano pasado alcanzábase un avaliación positiva con 5 achegas se 4 delas tivesen relevancia e impacto. Agora as 5 achegas teñen que reunir os criterios xerais descritos na sección 1.

Substituesen os criterios de avaliación por comités, por un baremo único que se aplicará de forma homoxénea en todos os campos de avaliación polos 15 comités asesores. Este baremo presenta tamén algunhas novidades:

  • No apartado contribución ao progreso do coñecemento na área establecese ”que deben excluírse traballos puramentes descritivos, recompilacións bibliográficas sen revisión analítica, reimpresións, traducións sen aparello crítico, etc.”
  • No apartado Impacto científico desaparece a valoración de “internacionalización do medio de difusión”.
  • En Impacto social especifícanse as mencións consideradas por impacto social e a difusión das achegas en ámbitos non académicos (especifícase a importancia dos documentos de políticas, guías clínicas e dalle menos importancia ás mencións en redes sociais)
  • Na contribución á ciencia aberta valórase que as contribucións sexan en aberto, non só depositadas nun repositorio; que acheguen dataset e que estes á súa vez fosen descargados, usados ou citados; que inclúa software ou código que supoña unha contribución ao software libre e que fose descargado, usado e citado.
  • Achega preferente: faranse de acordo aos criterios que estableza cada campo non punto 2 de “valoración das achegas” onde se establecen as valoracións preferentes.
  • Outra novidade é o apartado de penalizacións que pasan de 3 a 5: reiteración de publicacións, conflito de interese editorial, malas prácticas de publicación, procesos de revisión non contrastables e autoría insuficientemente xustificada, que poderán anular ou reducir as puntuacións das achegas.

Novidades na Resolución que aproba a convocatoria a sexenios

Novidades da Resolución de 11 de diciembre de 2024, de la Secretaría General de Universidades, por la que se aprueba la convocatoria de evaluación de la actividad investigadora.

  • Cada achega deberá incorporar DOI ou equivalente e o Handle do depósito en acceso aberto.
  • A orde recomendada para a narrativa de defensa dos indicios de relevancia e impacto será a seguinte:

1. Contribución da achega ao progreso do coñecemento (orixinalidade, innovación, prioridade temática, achega ao debate científico, achega metodolóxica, entre outros).

2. Impacto científico da achega (uso, referencias realizadas por outros/as autores/as, calidade, internacionalización e impacto do medio de difusión, entre outros).

3. Impacto social da achega (mencións e referencias non académicas, utilización e aplicación efectiva en contornas non académicas, entre outros).

4. Contribución da achega á ciencia aberta (grao de apertura, cumprimento de principios FAIR en conxuntos de datos, contribución a software libre, entre outros).

  • Folla de servizos: engádese o requisito de que inclúa o posto ocupado a data 31 de decembro de 2024
  • Mantense a voluntariedade das achegas substitutorias
  • Non haberá que achegar os PDF das aportacións, a non ser que os soliciten desde a ANECA: ”En el caso de que el correspondiente Comité asesor o las personas especialistas nombradas por la Directora de ANECA lo consideren oportuno, podrán requerir de la persona solicitante, por medio de la Directora de la División de Evaluación del Profesorado de ANECA, la remisión de una copia de alguna o de todas las aportaciones relacionadas en su «curriculum vitae» (apartado 6.5 ca convocatoria).