Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Sexenios CNEAI

Guía de Sexenios CNEAI

Baremo de avaliación

ANECA publicou un baremo único que será aplicado polos quince Comités Asesores. Este cambio asegura unha avaliación integral das contribucións e esixe evidencias claras en canto á relevancia científica, metodolóxica e social, fomentando a transparencia na produción académica.

 

A valoración da achega realizarase en base á narrativa presentada pola persoa solicitante. As achegas ordinarias deberán mostrar evidencias da contribución do traballo e as achegas extraordinarias deben estar relacionadas coa actividade investigadora.

  • Contribución ao progreso do coñecemento na área (10%)
  1. Grao de orixinalidade e innovación: Excluiranse traballos descriptivos, recopilacións bibliográficas, reimpresiones, etc.
  2. Prioridade temática: lineas de financiación, alineamento con ODS ou a importancia do tema para un territorio ou sector.
  3. Achega metodolóxica: referida a novos enfoques metodolóxicos relevantes da área ou campo de coñecemento mediante novos métodos ou mellorando os existentes.
  • Impacto científico (60%)
  1. Uso da achega: lecturas, visualizacións, descargas, etc.
  2. Citas recibidas por achega: total de citas, procedencia, indicadores normalizados, etc.
  3. Calidade do medio de publicación/difusión/exhibición: a reputación do medio onde se publica, incluíndo revisións por pares e estándares de calidade.
  4. Impacto científico do medio de difusión: recoñecemento científico do medio de publicación, con énfase en premios, críticas e recensións.
  • Impacto social (10%)

Mencións e referencias non académicas da achega: documentos normativos, informes de políticas públicas, patentes, obras de referencia, etc.

  • Contribución á ciencia aberta (10%)
  1. Grao de apertura: que se poidan ser integramente en acceso aberto, na súa versión final ou preliminar (preprints e postprints), a publicación en revistas diamante ou a utilización de licenzas Copyleft.
  2. Conxuntos de datos: que os dataset da achega estean en aberto e cumpran principios FAIR. Tamén se valorará que fosen descargados, usados e citados.
  3. Software: que inclúa software ou código e que sexa libre. Tamén se valorará que fosen descargados, usados e citados.
  • Achega preferente (10%)

Que a achega se axuste as características presentadas no apartado 1 de cada campo como achega preferente: artigos, capítulos de libros, patentes, etc.

Penalizacións

Penalizacións:

  • Reiteración de publicacións: Se das 5 achegas 3 ou máis son publicadas na mesma revista ou editorial, particularmente en números especiais, deixarán de ser consideradas para avaliación.
  • Conflicto de interese editorial: se existe relación directa entre autores e comités editoriais da colección, que poidan comprometer a obxetividade do proceso editorial, as achegas non serán consideradas para avaliación.
  • Malas prácticas de publicación: como duplicación de contidos, tradución da propia obra, plaxio, alteración de datos, etc., as achegas deixarán de ser consideradas para avaliación.
  • Procesos de revisión non contrastables: poden supoñer un reducción de -25% a -100% en cada achega.
  • Autoría insuficientemente xustificada: pode supoñer a reducción de un -15% en cada achega.