Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Sexenios CNEAI

Guía de Sexenios CNEAI

Criterios de avaliación CNEAI

Establécense 5 achegas principais que poderán acompañarse de 2 achegas sustitutorias. O número de aportacións pode ser inferior se os traballos teñen unha relavancia extraordinaria ou alto impacto científico e social ou se no periodo sometido a evaluación a persoa solicitante pode acollerse á Resolución de la directora de la agencia nacional de evaluación de la calidad y acreditación por la que se hacen públicos los criterios para garantizar que la igualdad, la conciliación y la inclusión sean efectivas en las evaluaciones del profesorado universitario y del personal investigador 

Existen dous tipos de achegas:

  • Ordinarias: deben mostrar evidencias de constituir un trabajo propio da práctica disciplinar, con manexo de aparato crítico e bibliográfico: libros, capítulos de libros, artigos, patentes, etc.
  • Extraordinarias: deben estar relacionadas coa actividade investigadora: informes, traballos técnicos ou artísticos, exposicións, escavacións arqueolóxica, achegas a congresos, etc. As achegas extraordinarias terán carácter complementario, pero non na convocatoria 2024, onde se aceptarán achegas extraordinarias en todos os campos, respectando a especificidade de cada disciplina.

Todas estas aportacións só serán tidas en conta se supoñen un progreso real do coñecemento. Na súa avaliación aplicaranse criterios e metodoloxías cualitativas e cuantitativas, tomando como referencia a narrativa aportada pola persoa solicitante dos indicios de relevancia e impacto de cada unha das aportacións.  Tamén se inclúe na actividade investigadora os conxuntos de datos (que deben ser FAIR), as metodoloxías, os programas de computador ou os modelos de aprendizaxe automática.

Valoraranse positivamente os resultados de investigacións multidisciplinares e interdisciplinares.

As aportacións en español e outras linguas cooficiais deben ser promovidas e non poderán considerarse un demérito. Requerirase o depósito en repositorios  de acceso aberto dos resultados de investigación que se sometan a avaliación. Admítense achegas dispoñibles en liña, aceptadas e publicadas (con DOI), aínda que non se lles asignase paxinación definitiva e/ou se publicaran en papel. Deberase acreditar a participación activa nos traballos, en caso de multiautoría deberase facer seguindo a taxonomía CRediT

Achegas preferentes por campo

Campo 0. Interdisciplinar

  • Achegas ordinarias: todos os tipos de aportacións valorados nos restantes 11 campos. 2 achegas, como mínimo, en 2 campos diferentes.
  • Achegas extraordinarias: máximo 2.

Campo 1. Matemáticas e física

  • Achegas ordinarias: artigos científicos e patentes.
  • Achegas extraordinarias: máximo 2.

Campo 2. Química

  • Achegas ordinarias: artigos científicos, libros, capítulos de libros e patentes.
  • Achegas extraordinarias: máximo 2.

Campos 3. Bioloxía Celular e molecular

  • Achegas ordinarias: artigos científicos, libros, capítulos de libros e patentes.
  • Achegas extraordinarias: máximo 2.

Campo 4. Ciencias Biomédicas 

  • Achegas ordinarias: artigos científicos, libros, capítulos de libros e patentes.
  • Achegas extraordinarias: aceptarase que unha das achegas extraordinarias sexa de casos clínicos, short communications, artigos de revisión bibliográfica, revisións sistemáticas incluíndo as scoping review, coa excepción das revisións sistemáticas con metaanálisis, que serán consideradas como artigos de investigación (máximo 2).

Campo 5. Ciencias da natureza

  • Achegas ordinarias: artigos científicos e, excepcionalmente, libros, capítulos de libros e series cartográficas temáticas.
  • Achegas extraordinarias: máximo 2.
  • Excepcións en caso de relevancia e impacto: achegas a congresos, proceedings, notas, comentarios, respostas a cartas ao editor e similares.

Campo 6.1. Tecnoloxías mecánicas e da producción

  • Achegas ordinarias: artigos científicos, libros, capítulos de libros e patentes.
  • Achegas extraordinarias: desenvolvementos tecnolóxicos (máximo 3).
  • Excepcións en caso de relevancia e impacto: achegas a congresos, proceedings, notas, comentarios, respostas a cartas ao editor e similares.

Campo 6.2. Enxeñarías da comunicación, computación e electrónica

  • Achegas ordinarias: artigos científicos e patentes.
  • Achegas extraordinarias: achegas a congresos, conxuntos de datos e as contribucións a desenvolvementos tecnolóxicos (máximo 3).

Campo 6.3. Arquitectura, enxeñaría civil, construcción e urbanismo

  • Achegas ordinarias: artigos científicos, libros, capítulos de libros e patentes.
  • Achegas extraordinarias: achegas a congresos publicacións en medios convenientemente acreditados, proxectos arquitectónicos, urbanísticos, patrimoniais ou de enxeñaría, os desenvolvementos tecnolóxicos e arquitectónicos, a participación en exposicións e no seu comisariado e a creacións artísticas e creativas (máximo 4).

Campo 7.1. Ciencias sociais e estudos de xénero

  • Achegas ordinarias: artigos científicos, libros e capítulos de libros.
  • Achegas extraordinarias: para as área de Antropoloxía e de Comunicación poderanse valorar obras audiovisuais (máximo 2).
  • Excepcións en caso de relevancia e impacto: recensións, notas, cartas ao editor e similares.

Campo 7.2. Ciencias do comportamento e da educación

  • Achegas ordinarias: artigos científicos, libros e capítulos de libros.
  • Achegas extraordinarias: para as áreas de Ciencia da Educación poderanse valorar obra audiovisuais (máximo 2).
  • Excepcións en caso de relevancia e impacto: recensións, notas, guías didácticas e outras publicacións que aludan a procesos de innovación educativa nos que non conste vinculación con resultados de investigación, as cartas ao editor ou similares.

Campo 8. Ciencias economicas e empresariais

  • Achegas ordinarias: artigos científicos, libros, capítulos de libros e patentes.
  • Achegas extraordinarias: máximo 2.

Campo 9. Dereito e xurisprudencia

  • Achegas ordinarias: artigos científicos, libros, capítulos de libros.
  • Achegas extraordinarias: máximo 1.
  • Excepcións en caso de relevancia e impacto: traducións, recopilacións lexislativas anotadas ou ditames e propostas lexislativas.

Campo 10. Historia e artes

  • Achegas ordinarias: artigos científicos, libros e capítulos de libros.
  • Achegas extraordinarias: para artes poderase valorar as achegas a congresos, o comisariado de exposicións de obras artísticas, a obra premiada, os proxectos de conservación ou restauración, os proxectos artísticos e a creación e interpretación teatral, coreográfica ou musical e as edicións criticas segundo en área (para Artes máximo 5, para Historia máximo 2).
  • Excepcións en caso de relevancia e impacto: edición de enciclopedias ou dicionarios, coordinación, edición ou tradución de texto que non inclúa estudos preliminares ou anotacións criticas, a edición, dirección ou coordinación de números monográficos en revistas ou libros, as transcricións se non van acompañadas de xuízo critico ou análise histórica do documentos, os prólogos e introducións convencionais, as catalogacións que non incorporen estudos históricos ou artísticos ou as revisións de partituras.

Campo 11. Filosofía, filoloxía e lingüística

  • Achegas ordinarias: libros, artigos científicos, edicións críticas con estudio introductorio e notas, edicións filolóxicas con aparato crítico e noticacións, capítulos de libros e comisariado de exposiciones e traducións especializadas según a área.
  • Achegas extraordinarias: máximo 2.
  • Excepcións en caso de relevancia e impacto: reseñas, artigos de opinión, notas, cartas ao editor e similares.