A continuación recóllense unha serie de recomendacións para preparar a documentación necesaria de cara á avaliación da actividade investigadora. Estes pasos son útiles para garantir que toda a información estea actualizada, completa e conforme ás esixencias actuais do sistema de avaliación científica.
Perfil do Portal de Investigación: comproba se faltan publicacións. Non solicites documentos que poidan incorporarse a través de Dialnet, Scopus ou Web of Science se foron publicados recentemente, xa que é probable que aparezan nun prazo breve.
Perfil de Scopus: créase de forma automática, pero é conveniente comprobar que todas as publicacións que inclúe son correctas.
Perfil de Web of Science: tamén se crea automaticamente se hai publicacións indexadas nesta base de datos. Cómpre revisalo e validalo.
Perfil de Dialnet: solicita a incorporación dos documentos que poidan faltar. Lembra que en Dialnet só se cargan publicacións de produción científica de España e Iberoamérica, especialmente en lingua española.
Perfil de Google Scholar: este perfil xera automaticamente o número de citas dos documentos que indexa na web. Se xa está creado pode ser necesario revisar e limpar a información.