A CNEAI, integrada en ANECA (Ley 15/2014 e Real Decreto 1112/2015), realiza a avaliación da actividade investigadora do profesorado universitario co obxectivo de recoñecerlle os sexenios como complemento de produtividade.
A solicitude de avaliación, por períodos de seis anos, é voluntaria e a súa finalidade é fomentar o traballo investigador do profesorado universitario.
A persoa interesada debe presentar cinco aportacións principais e dúas sustitutorias opcionais, as que considere máis relevantes do período de seis anos sometido a avaliación; excepcionalmente o número de aportacións poderá ser inferior se os traballos teñen unha relevancia extraordinaria e unha alta repercusión científica ou social. As aportacións que se presenten a un sexenio de investigación non se poderán presentar a unha próxima convocatoria de sexenios de transferencia.
Todas as aportacións deberán estar publicadas ou rexistradas nos anos que se corresponden á avaliación ou no caso das revistas científicas, unha vez publicadas en sistemas de publicación continua (forthcoming, online first, in press, etc.) aínda que non teñan asignada paxinación definitiva nin estean publicadas en papel, coa obriga de presentar un identificador persistente (DOI, Handle, etc.).