Portal xurídico da Unión Europea que permite consultar o Diario Oficial da Unión Europea así como acordos internacionais, lexislación e traballos preparatorios, xurisprudencia, documentos da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) etc.
Portal da editorial Aranzadi que contén todo tipo de documentación xurídica: lexislación, xurisprudencia, documentación administrativa, convenios colectivos, formularios etc.
No caso da lexislación estatal proporciona o texto completo de todas as disposicións de carácter xeral publicadas no BOE dende 1978 e as máis relevantes dende 1930 (algunhas coa versión consolidada). Ademais, toda a lexislación autonómica desde os inicios.
Na xurisprudencia recolle todas as sentenzas do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo dende 1979 e dende 2001 da Audiencia Nacional, Tribunais Superiores de Xustiza e Audiencias Provinciais, e unha selección dos anos anteriores e dos Tribunais de Primeira Instancia. Tamén recolle a xurisprudencia actual do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.
Notas:
Portal que proporciona acceso ao Boletín Oficial do Estado (BOE), ao Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) e á colección histórica da Gaceta (1661-1959). Ofrece acceso libre e gratuíto á súa biblioteca xurídica e con ligazóns a outros diarios oficiais autonómicos, provinciais e da Unión Europea.
Outras guías e titoriais: Videotitoriais
Portal especializado en dereito anglosaxón, que ofrece acceso ao texto completo dunha gran cantidade de revistas xurídicas, textos lexislativos, obras clásicas etc.
Portal da editorial Tirant que interrelaciona e busca todo tipo de información xurídica: lexislación, xurisprudencia, convenios colectivos, formularios, doutrina etc.
Base de datos que inclúe e interrelaciona todo tipo de información xurídica: xurisprudencia, lexislación, órganos administrativos, doutrina, convenios, formularios etc.