Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Ciencias políticas e da administración

Guía de recursos de Ciencias políticas e da administración

Estilos de cita

Os estilos bibliográficos son un conxunto de regras que axudan a organizar a información consultada. Definen que datos debes incluír ao citar así como a orde e a tipografía no que aparecerán. A pesar de haber normas internacionais respecto diso, non hai un único estilo adoptado globalmente. Normalmente cada disciplina ten un estilo de cita.

APA é o estilo de normas de citación adoptado pola American Psychological Association, e o máis empregado no ámbito das Ciencias Sociais. Nesta guía ofrécense unhas pautas baseadas na 7ª edición, e para dúbidas ou casuísticas especiais consultar o manual oficial da APA.

Para saber como citar e elaborar bibliografías co estilo APA consulta a guía elaborada pola Biblioteca Universitaria de Vigo:

Para máis información sobre outros estilos de cita, consulta a biblioguía "Citar e referenciar".