Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Arte

Guía de recursos de Arte

Revistas

Son o medio por excelencia para difundir a produción científica, a Biblioteca conta cunha importante colección de revistas impresas e electrónicas, estas últimas accesibles a través das plataformas dos distintos editores.

Normalmente empregarás as bases de datos para localizar artigos publicados sobre un tema de investigación, pero se necesitas identificar e localizar revistas do teu ámbito, podes empregar:

  • Buscador Perseo: para localizar un título concreto emprega o Buscador de revistas.
  • A/Z de recursos: poderás localizar coleccións de revistas dun ámbito de coñecemento filtrando por Materia e Tipo de recurso (Revistas electrónicas (coleccións).

Revistas impresas: gran parte da colección de revistas de arte e deseño están dispoñibles únicamente en formato impreso. Podes consultar as coleccións directamente na sala de lectura da Biblioteca de Belas Artes.

Se queres ver as novidades consulta o taboleiro de revistas no Pinterest.

Títulos destacados

Coleccións electrónicas destacadas