Os estilos bibliográficos son un conxunto de regras que axudan a organizar a información consultada. Definen que datos debes incluír ao citar así como a orde e a tipografía no que aparecerán. A pesar de haber normas internacionais respecto diso, non hai un único estilo adoptado globalmente. Normalmente cada disciplina ten un estilo de cita.
APA é o estilo de normas de citación adoptado pola American Psychological Association, e o máis empregado no ámbito das Ciencias Sociais. Nesta guía ofrécense unhas pautas baseadas na 7ª edición, e para dúbidas ou casuísticas especiais consultar o manual oficial da APA.
Para saber como citar e elaborar bibliografías co estilo APA (7ª edición) consulta a guía elaborada pola Biblioteca Universitaria de Vigo:
Para máis información sobre outros estilos de cita, consulta a biblioguía "Citar e referenciar".