Organizada en varias seccións: obras maestras, artes plásticas, debuxos, fotografía, debujos, películas e novos medios... Cada imaxe contén ficha e outra información relacionada (exposicións, bibliografía, obras relacionadas...).
Esta selección da colección mostra a amplitude e diversidade dos fondos da Fundación Guggenheim desde finais do século XIX ata a actualidade proveniente dos seus museos de Nova York, Venecia e Bilbao. Pódese filtrar por artista, medio, estilo, data...
Plataforma do museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía: contén máis de 27.000 obxectos dixitais, entre arquivos, libros, pinturas, revistas, fotografías, audios, vídeos ou gravados.
Dá acceso á unha das coleccións máis grandes e completas da arte contemporánea de América Latina con obras de artistas brasileños e tamén internacionais.
Acceso á extensa colección do MoMA con obras internacionais dos últimos 150 anos. A colección inclúe todo tipo de expresións artísticas: pintura, grabado, fotografía, arte efímero, arquitectura, deseño, software...
Foi dos primeiros museos en considerar a fotografía, o deseño ou o audiovisual como formas de arte. Na súa colección atopamos tanto artistas consagrados como talentos emerxentes. Cada imaxe contén ficha e ligazóns con información relacionada.
Colección conxunta dos museos que integran a Tate. Pódese buscar por obra o por autor/a. Cada imaxe dixitalizada está acompañada de ligazóns a outras imaxes ou vídeos que aportan información relacionada.