Colección de moda histórica e contemporánea da biblioteca dixital europea Europeana. Inclúe bosquexos, deseños e prendas ademais de fotografías de pasarela, catálogos e vídeos.
Acceso á extensa colección permanente do FIT (Fashion Institute of Technology), un dos museos de moda máis importantes e coñecido polas súas exposicións, con prendas e accesorios que datan desde o século XVIII ata a actualidade.
Fondos do Brooklyn Museum Costume e do Costume Institute do MET (The Metropolitan Museum of Art), con pezas desde a Antigüidade ata os nosos días. Permite facer a busca aplicando varios filtros (tipo de material, localización...)
Colección de moda do Victoria & Albert Museum, que abarca cinco siglos e é a colección de vestidos más grande y completa del mundo. Inclúe moitos filtros de busca (estilo, técnica, material, tipoloxía...)
Selección das pezas máis significativas da valiosa colección do Palais Galliera que conserva moda francesa desde o século XVIII. Inclúe descricións de cada unha delas.
Selección de pezas e fotografía de moda deste centro referencia do deseño, que conserva un importante fondo que abarca desde el siglo IV ata a actualidade. Inclúe fichas con información básica.
Catálogo en liña da colección do Museo do Pobo Galego formada por obxectos da vida cotiá que a sociedade galega creou e empregou para satisfacer as súas necesidades prácticas e espirituais. Inclúe unha colección de indumentaria con pezas concernentes á vestimenta tradicional e á moda internacional.