Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Revistas científicas: calidade e índices

Inicio

Cando falamos de calidade das revistas científicas referímonos aos procesos que levan a cabo para cumprir a rápida difusión de información científica orixinal e veraz e á calidade da revista como medio de difusión científica. Tamén se asocia ao prestixio dos actores involucrados nestes procesos, ao impacto que os traballos publicados obteñen na comunidade científica e á súa presenza en bases de datos de prestixio.

A valoración das revistas científicas baséase habitualmente no reconto das citas que reciben os seus artigos. Con ese dato elabóranse indicadores como o factor de impacto (JIF) e rankings que sitúan as revistas no panorama internacional. Nos procesos de avaliación da actividade investigadora viña sendo habitual a valoración dos artigos científicos tendo en conta a posición da revista neses rankings. Malia que isto está cambiando cara a avaliación da calidade do artigo por riba da calidade da revista na que está publicado, para o persoal investigador é importante seleccionar as revistas nas que publica en función da súa calidade e visibilidade.

Nesta guía ofrecemos información sobre os recursos que proporcionan indicadores de impacto das revistas e outros que axudan a coñecer a súa calidade científica, informativa e editorial.