As bases de datos bibliográficas son potentes ferramentas para a investigación, xa que describen publicacións científicas como artigos de revistas, libros, actas de congresos etc., e proporcionan información científica contrastada, relevante e actualizada. Ademais, facilitan a localización de información precisa e exhaustiva ao proporcionar eficaces ferramentas de busca
A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.
Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións, cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón 

Imaxe: Rexistro bibliográfico co botón de Perseo na base de datos Web of Science
As bases de datos multidisciplinares son aquelas que abranguen varias disciplinas científicas, entre as máis importantes están:
Biblioteca en liña da OCDE que ofrece acceso a libros, publicacións periódicas, documentos de traballo e estatísticas, así como as analises e datos da OCDE. A maioría dos contidos pódense ler en liña e os subscritos pódense descargar.
Indexa diversos tipos de documentos (artigos, capítulos, actas de congresos, patentes etc.) de todas as disciplinas científicas, cunha cobertura xeográfica moi ampla. Ademais, proporciona métricas derivadas das citas dos documentos polo que se emprega tamén na avaliación da produción científica.
Outras guías e titoriais: videotitorial
Plataforma que da acceso a varias bases de datos bibliográficas multidisciplinares e outros produtos de Clarivate (JCR, Incites etc.).
As bases de datos especializadas recollen publicacións sobre unha área cientifica determinada, e a miúdo dispoñen dun tesauro.
Estas son as bases de datos máis destacadas no ámbito das ciencias ambientais:
Colección de bases de datos sobre ciencias da terra, atmosfera e ciencias acuáticas.
Inclúe:
Ofrece información sobre todos os aspectos do impacto humano no medio ambiente.
Acceso a publicacións científicas e técnicas de enxeñaría publicadas fundamentalmente polo IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers).
Base de datos xurídica sobre medio ambiente e prevención de riscos laborais que inclúe lexislación vixente, xurisprudencia etc. Recolle tamén o Código ambiental coa lexislación básica en medio ambiente.
Solicite o contrasinal de acceso na biblioteca. Se o solicita por correo electrónico, identifíquese co seu nome, apelidos e dni.
Lembre desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso.
Podes obter máis información sobre as bases de datos ás que tes acceso consultando a listaxe de Recursos electrónicos A-Z.