Igual que no caso dos libros impresos temos dúas opcións de procura, a simple e a avanzada. Lembra que a busca avanzada é a indicada para realizar buscas máis precisas.
Introduce os termos na caixa de busca e escolle a opción "Recursos electrónicos”.

A continuación na páxina de resultados filtra por "Tipo de recurso" e selecciona "Libros".

1. Marca a opción "Recursos electrónicos".
2. Nos filtros de busca escolle o campo (autor, tema, título etc.) e introduce os termos.
3. En "Tipo de materia" selecciona "Libros".


Tamén podes consultar os libros electrónicos subscritos pola Biblioteca a través das plataformas ou webs dos provedores e editores. Nelas podes ler en liña ou descargar unha parte ou a totalidade do libro, dependendo das condicións de uso.
Para ver todas as coleccións consulta a listaxe de Recursos electrónicos A-Z e filtra en "Tipos" por Libros electrónicos (coleccións).
No ámbito da economía destacamos as seguintes coleccións:
Plataforma de libros académicos en español de diferentes editoriais e con carácter multidisciplinar.
Plataforma que dá acceso ás revistas, libros e estudos de casos da editorial Emerald Publishing.
Outras guías e titoriais: Emerald Insight user support resources
Biblioteca en liña da OCDE que ofrece acceso a libros, publicacións periódicas, documentos de traballo e estatísticas, así como as analises e datos da OCDE. A maioría dos contidos pódense ler en liña e os subscritos pódense descargar.
Plataforma de acceso ao texto completo de libros, revistas electrónicas e obras de referencia da editorial Wiley subscritas pola Universidade de Vigo.
Colección multidisciplinar de libros e revistas, con acceso ao texto completo dos títulos subscritos pola Universidade de Vigo e a outros gratuítos proporcionados pola editorial.