Os estilos bibliográficos son un conxunto de regras que axudan a organizar a información consultada. Definen que datos debes incluír ao citar, así como a orde e a tipografía na que aparecerán. A pesar de haber normas internacionais respecto diso, non hai un único estilo adoptado globalmente. Normalmente cada disciplina ten un estilo de cita.
IEEE é o estilo de citación do Institute of Electric and Electronics Engineers, o máis empregado no ámbito da Enxeñaría.
Para saber como citar e elaborar bibliografías co estilo IEEE consulta esta guía elaborada pola Biblioteca Universitaria de Vigo: