Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Historia e xeografía

Guía de recursos de historia e xeografía

Bases de datos

As bases de datos bibliográficas son potentes ferramentas para a investigación, xa que describen publicacións científicas como artigos de revistas, libros, actas de congresos etc., e proporcionan información científica contrastada, relevante e actualizada. Ademais, facilitan a localización de información precisa e exhaustiva ao proporcionar eficaces ferramentas de busca. A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.

Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións, cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón  Botón Buscador Perseo

Botón de Perseo na Web of Science

Imaxe: Rexistro bibliográfico co botón de Perseo na base de datos Web of Science

Bases de datos multidisciplinares

As bases de datos multidisciplinares son aquelas que abranguen varias disciplinas científicas, entre as máis importantes están: 

Bases de datos especializadas

As bases de datos especializadas recollen publicacións sobre unha área cientifica determinada. Esta é a máis destacadas do ámbito da historia:

Recursos electrónicos A-Z

Podes obter máis información sobre as bases de datos ás que tes acceso consultando a listaxe de Recursos electrónicos A-Z.