Son o medio por excelencia para difundir a produción científica. A Biblioteca conta cunha importante colección de revistas impresas e electrónicas, estas últimas accesibles a través das plataformas dos distintos editores ou provedores.
Normalmente empregarás as bases de datos para localizar os artigos publicados sobre un tema, pero se necesitas localizar revistas do teu ámbito, podes empregar:


Acceso a publicacións científicas e técnicas de enxeñaría publicadas fundamentalmente polo IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers).
Plataforma da editorial SAGE que inclúe a texto completo revistas de diversas áreas de coñecemento.
Plataforma de acceso ao texto completo de libros, revistas electrónicas e obras de referencia da editorial Wiley subscritas pola Universidade de Vigo.