As bases de datos bibliográficas son potentes ferramentas para a investigación, xa que describen publicacións científicas como artigos de revistas, libros, actas de congresos etc., e proporcionan información científica contrastada, relevante e actualizada. Ademais, facilitan a localización de información precisa e exhaustiva ao proporcionar eficaces ferramentas de busca.
A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.
Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións, cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón 

Imaxe: Rexistro bibliográfico co botón de Perseo na base de datos Web of Science
As bases de datos multidisciplinares son aquelas que abranguen varias disciplinas científicas, entre as máis importantes están:
Recompila literatura científica hispana: artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos. Céntrase principalmente nos ámbitos das ciencias humanas, xurídicas e sociais.
Indexa diversos tipos de documentos (artigos, capítulos, actas de congresos, patentes etc.) de todas as disciplinas científicas, cunha cobertura xeográfica moi ampla. Ademais, proporciona métricas derivadas das citas dos documentos polo que se emprega tamén na avaliación da produción científica.
Outras guías e titoriais: videotitorial
Plataforma que da acceso a varias bases de datos bibliográficas multidisciplinares e outros produtos de Clarivate (JCR, Incites etc.).
As bases de datos especializadas recollen publicacións sobre unha área cientifica determinada. Estas son as máis destacadas do ámbito do turismo:
Base de datos a texto completo sobre xestión, economía, finanzas, contabilidade e negocios.
Base de datos económico-financeira que recolle máis de 1.000.000 de empresas españolas, das que proporciona información xeral e as contas anuais.
Podes obter máis información sobre as bases de datos ás que tes acceso consultando a listaxe de Recursos electrónicos A-Z.