Os xestores bibliográficos son programas que permiten recompilar referencias dun xeito automático dende distintas fontes de información, organizalas nunha base de datos persoal e empregalas na elaboración de citas e bibliografía.
É recomendable empregar un xestor bibliográfico se se manexa numerosa bibliografía, xa que facilitará a inserción de citas e xeración da bibliografía de forma automática nos traballos académicos e científicos segundo os diferentes estilos de citación.
