Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Xestores bibliográficos

Funcionalidades dos xestores bibliográficos

Os diferentes xestores ofrecen as mesmas funcionalidades básicas:

  1. Almacenar referencias bibliográficas recuperadas de distintas fontes: bases de datos, portais de revistas, repositorios, páxinas web etc. 
  2. Xestionar as referencias: organizalas en cartafoles, asignarlles etiquetas, eliminar duplicados etc.
  3. Enlazar cada referencia co seu texto completo, e mesmo almacenalo. 
  4. Compartir referencias facilitando o traballo en grupo.
  5. Inserir as citas nun texto e elaborar a bibliografía nos diferentes estilos (APA, Harvard, Vancouver, IEEE...).