Na actualidade existe unha ampla oferta de xestores bibliográficos, algúns gratuítos e outros de pago, cada un coas súas características.
Podemos escoller dende xestores baseados exclusivamente na web a outros que combinan aplicacións na web e de escritorio, e outros que están a desenvolver especialmente a súa compoñente social.
A elección dun xestor ou outro dependerá do uso que lle queremos dar, o tipo de fontes que adoitemos consultar etc.
Por outra banda, a exportación de datos duns xestores a outros é unha tarefa relativamente sinxela e permitida por todos eles, polo que se se decide cambiar de xestor pódese trasladar a información recompilada dun a outro.
Estes son algúns dos principais xestores bibliográficos:
A Biblioteca ofrece acceso a RefWorks a todos os membros da comunidade universitaria.
Este xestor en liña, amais das funcionalidades básicas, inclúe un lector de textos e ferramentas para o traballo colaborativo.
Consulta esta guía da Biblioteca para saber máis sobre RefWorks:
A Biblioteca ten acceso á versión básica de EndNote como parte de Web of Science (WoS), cun límite de 50.000 referencias e 2 GB de almacenamento.
Pódese acceder a EndNote de dúas formas:
Pero para empregalo hai que introducir as nosas claves de Web of Science (ou rexistrarse se non se teñen).

Consulta esta guía da Biblioteca para saber máis sobre EndNote:
Ademais de xestor bibliográfico, Mendeley é tamén unha rede social académica que posibilita relacionarse con outros investigadores do mesmo campo e descubrir novos documentos e datos.
Mendeley dispón dunha versión institucional (non subscrita pola Biblioteca) e outra gratuíta.
Máis información na guía sobre Mendeley de Elsevier (en inglés)
Zotero é un xestor de software libre e gratuíto que pode funcionar en Windows, Linux o Mac.
Componse dun complemento para navegadores que detecta e captura automaticamente todo tipo de información bibliográfica na web, e dunha aplicación de escritorio que permite xestionar as referencias. Se sincronizamos o noso Zotero de escritorio coa nosa conta na web, poderemos acceder ás nosas referencias bibliográficas desde calquera ordenador.