Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Biblioguía de citas no estilo IEEE

Congresos e conferencias: Traballos publicados

 

  • Os títulos dos congresos e conferencias abrévianse e omítense no posible os artigos e as preposicións (no apartado "Common Abbreviations of Words in References" da IEEE Reference Guide están algunhas das abreviaturas en inglés). 
  • ​Inclúese o lugar se este aparece indicado na fonte. Para as ubicacións dos Estados Unidos, despois da cidade inclúese o estado seguindo este formato: Cidade, Estado abrev. (só se é de USA), País​
  • ​Se o ano está incluído no nome da conferencia non é necesario poñelo ao final.
     
Iniciais do nome. Apelidos do autor, "Título do traballo presentado entre comiñas", en Nome da conferencia abreviado en cursiva, Lugar (se aparece), día mes (se aparece) ano, pp.xxx. 

 

Exemplos:

[#] A. Amador-Perez e R. A. Rodriguez-Solis, “Analysis of a CPW-fed annular slot ring antenna using DOE”, en Proc. IEEE Antennas Propag. Soc. Int. Symp., Xul. 2006, pp. 4301–4304.

[#] S. P. Bingulac, “On the compatibility of adaptive controllers”, en Proc. 4th Annu. Allerton Conf. Circuit Syst. Theory, New York, NY, USA, 1994, pp. 8–16.

[#] D. Sarkar e K. V. Srivastava, “SRR-loaded antipodal Vivaldi antenna for UWB applications with tunable notch function”, en Proc. Int. Symp. Electromagn. Theory, Hiroshima, Japan, 2013, pp. 466–469.

  • Os títulos dos congresos e conferencias abrévianse (no apartado "Common Abbreviations of Words in References" da IEEE Reference Guide están algunhas das abreviaturas en inglés). Ademais, omítense no posible os artigos e as preposicións.
  • ​Inclúese o lugar se este aparece indicado na fonte. Para as ubicacións dos Estados Unidos, despois da cidade inclúese o estado seguindo este formato: Cidade, Estado abrev. (só se é de USA), País​
  • ​Se o ano está incluído no nome da conferencia non é necesario poñelo ao final.
Iniciais do nome. Apelidos do autor, "Título do traballo presentado entre comiñas", en Nome da conferencia abreviado en cursiva, Lugar (se aparece), día mes (se aparece) ano, pp.xxx. [En liña]. Dispoñible en: http://www.xxxxxxx

 

Exemplo:

[#] T. Schubert, “Real challenges and solutions for validating system-on-chip high level formal verification of next-generation microprocessors”, en Proc. 40º Design Automat. Conf. (DAC’03), 2-6 Xuñ. 2003. [En liña]. Dispoñible en:
http://www.computer.org/csdl/proceedings/dac/2003/2394/00/2394001-abs.html

Congresos e Conferencias: Traballos non publicados

 

Iniciais do nome. Apelidos do autor, "Título do traballo entre comiñas", presentado en Nome da Conferencia abreviado, Cidade, Estado (só se é de USA), País, día e mes, ano, nº paper.


 Exemplo:

[#] J.G. Kreifeldt, "An analysis of surfaced-detected EMG as an amplitude-modulated noise", presentado en 1989 Int. Conf. Med.Biol. Eng., Chicago, IL, USA, 9-12 Nov., 1989.

[#] D. Caratelli, M. C. Viganó, G. Toso e P. Angeletti, “Analytical placement technique for sparse arrays” presentado en 32nd ESA Antenna Workshop, Noordwijk, The Netherlands, 5-8 Oct., 2010.   

 

Iniciais do nome. Apelidos do autor. (Data). Título do traballo. Presentado en Nome da Conferencia abreviado. [En liña]. Dispoñible en: http://www.xxxx.xx 


Exemplo:

[#]  V. Chandrasekaran, S. Sanghavi, P. A. Parrilo e A. S. Willsky. (2009). Sparse and low-rank matrix decompositions. Presentado en IFAC 2009. [En liña]. Dispoñible en: http://www.sciencedirect.com/science/ article/pii/S1474667016388632