Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Biblioguía de citas no estilo IEEE

Libros

Nos títulos a primeira letra de todas as palabras importantes irán en maiúscula.   

Iniciais do nome. Apelido(s) autor, Título do Libro en Cursiva. Cidade de publicación, Estado abrev. (só se é de USA), País: Abreviatura da editorial, ano de publicación.

Exemplos:

[#] J. A. Leñero Bardallo, Fundamentos de la Electrónica y los Semiconductores. Cádiz, España: UCA, 2018.

[#] B. Klaus e P. Horn, Robot Vision. Cambridge, MA, USA: MIT Press, 1996. 

Nos títulos a primeira letra de todas as palabras importantes irán en maiúscula.  

Iniciais do nome. Apelido(s) autor, Titulo do Libro Electrónico en Cursiva. Cidade de publicación, Estado abrev. (só se é de USA), País: Abreviatura da editorial, ano de publicación. [En liña]. Dispoñible en: http://www.web.com 


Exemplo:

[#] S. Noghanian, A. Sabouni, T. Desell e A. Ashtari, Microwave Tonography: Global Optimization, Parallelization and Performace Evaluation. New York, NY, USA: Springer, 2014. [En liña]. Dispoñible en: http://link.springer.com/book/10.1007%2F978-1-4939-0752-6

Capítulos ou partes do libro

  • Título do capítulo: irá entre comiñas seguido dunha coma se o noso traballo está redactado en galego ou castelán, e se está en inglés a coma precederá ao peche de comiñas. Ademais, só a primeira letra da primeira palabra do título do capítulo ou parte vai en maiúscula.
     
  • Título da obra principal: vai en cursiva, coa primeira letra de todas as palabras importantes en maiúscula, e precedido da preposición “en” se o noso traballo está redactado en galego ou castelán, e se está en inglés poñeremos “ in”.
Iniciais do nome. Apelido(s) autor do capítulo, "Título do capítulo entre comiñas", en Título do Libro en Cursiva, Nome do editor, Ed., Cidade de publicación, Estado abrev. (só se é de USA), País: Abreviatura da editorial, ano de publicación, cap., sec., pp.  

 

Exemplos:

[#] L. Stein, "Random patterns", en Computers and You, J.S. Brake, Ed., New York, NY, USA: Wiley, 1994, pp. 55-70.

[#] R.L. Myer, "Parametric oscillators and nonlinear materials", en Nonlinear Optics, vol.4, P. G. Harper e B.S. Wherret, Eds., San Francisco, CA,USA: Academic, 1977, pp.47-160.

  • Título do capítulo: irá entre comiñas seguido dunha coma se o noso traballo está redactado en galego ou castelán, e se está en inglés a coma precederá ao peche de comiñas. Ademais, só a primeira letra da primeira palabra do título do capítulo ou parte vai en maiúscula.
     
  • Título da obra principal: vai en cursiva, coa primeira letra de todas as palabras importantes en maiúscula, e precedido da preposición “en” se o noso traballo está redactado en galego ou castelán, e se está en inglés poñeremos “ in”.
Iniciais do nome. Apelido(s)autor(es) da parte, "Titulo do capítulo ou parte entre comiñas", en Título do Libro en Cursiva, Nome do editor, Ed., Cidade de publicación, Estado abrev. (só se é de USA), País: Nome abreviado da editorial, ano de publicación, cap., sec., pp. [En liña]. Dispoñible en: http://www.web.com

 

Exemplo:

[#] L. Cremene, N. Crisan, "Cognitive Antenna System for Sustainable Adaptive Radio Interfaces", en Innovations and Advances in Computer, Information, Systems Sciences, and Engineering, K. Elleithy e T. Sobh, Eds., New York, NY, USA: Springer, 2013, pp. 53-62. [En liña]. Dispoñible en: http://link.springer.com/book/10.1007%2F978-1-4614-3535-8