As bases de datos son potentes ferramentas de investigación e empréganse para obter información académica sobre un tema. A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.
Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións, cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón 

Imaxe: Rexistro bibliográfico na base de datos Web of Science
Indexa diversos tipos de documentos (artigos, capítulos, actas de congresos, patentes etc.) de todas as disciplinas científicas, cunha cobertura xeográfica moi ampla. Ademais, proporciona métricas derivadas das citas dos documentos polo que se emprega tamén na avaliación da produción científica.
Outras guías e titoriais: videotitorial
Plataforma que da acceso a varias bases de datos bibliográficas multidisciplinares e outros produtos de Clarivate (JCR, Incites etc.).
Base de datos especializada en enfermaría e outras disciplinas relacionadas coa saúde.
Indexa unha selección de revistas en español e teses de doutoramento dos ámbitos da enfermaría, fisioterapia e podoloxía.
Outras guías e titoriais: Vídeotitoriais
Base de datos bibliográfica especializada en biomedicina e ciencias da vida producida pola Biblioteca Nacional de Medicina (NLM) dos EEUU.
Base de datos de fisioterapia baseada na evidencia producida polo Instituto de Salud Musculoesquelética da Universidade de Sydney. Recolle ensaios controlados aleatorios, revisións sistemáticas e guías de práctica clínica.
Recurso da National Library of Medicine de EEUU que recompila literatura científica en biomedicina e ciencias da vida procedente de varias bases de datos, principalmente MEDLINE e PubMed Central.
Pódese empregar o tesauro MESH, pero tendo en conta que entón só vai recuperar os rexistros que pertencen a Medline.
Podes atopar máis información sobre as bases de datos ás que tes acceso consultando o A-Z de recursos.