CECBE
O Centro español para os coidados de saúde baseados na evidencia (CECBE) foi creado no ano 2004. Está constituído polo Instituto de Saúde Carlos III e as Comunidades Autónomas de: Andalucía, Aragón, Asturias (Principado de), Ballears (Illes), Estremadura, Canarias, Cantabria, Castela e León, Castela A Mancha, Cataluña, Comunitat Valenciana, Galicia, Madrid (Comunidade de), Murcia (Rexión de), Navarra (Comunidade Foral de), País Vasco, e Rioxa (A), representadas a través dun Comité Científico e un Comité de Seguimento. Sitúase na Unidade de Investigación en Coidados de Saúde (Investén-isciii).