Xunto coa colección impresa, a BUV ofrece acceso a libros electrónicos que cobren diferentes disciplinas académicas. Están organizados en coleccións e aloxados nas plataformas de distintos editores e provedores desde as que se pode ler en liña ou ben descargar unha parte ou a totalidade do libro, dependendo das condicións de uso do editor.
Para localizar un libro electrónico por autor, por título ou por tema emprega o Buscador Perseo.
Para buscar directamente nas coleccións consulta o A-Z de recursos e filtra en "Tipos" por Libros electrónicos (coleccións).
Plataformas de libros electrónicos destacadas
Acceso a libros electrónicos de diferentes ámbitos temáticos.
Plataforma de libros académicos en español de diferentes editoriais e con carácter multidisciplinar.
Plataforma de acceso aberto que contén sobre todo libros dos ámbitos das ciencias físicas, enxeñaría, tecnoloxía, ciencias da vida e da saúde etc. Todas as publicacións están suxeitas á revisión por pares.
Portal de revistas e libros electrónicos de Elsevier.
Outras guías e titoriais: vídeos
Proporciona acceso a revistas e libros da editorial Springer dunha ampla gama de disciplinas temáticas.