Segundo a definición da UNESCO, "un tesauro é un instrumento de control terminolóxico utilizado para traducir a unha linguaxe máis estrita o idioma natural empregado nos documentos e polos indizadores".
Os tesauros son vocabularios controlados e estruturados formalmente, formados por termos que gardan entre si relacións semánticas e xenéricas: de equivalencia, xerárquicas e asociativas. Trátase dun instrumento de control terminolóxico que permite converter a linguaxe natural dos documentos nunha linguaxe controlada, xa que representa, de maneira unívoca, o contido destes, co fin de servir tanto para a indización, como para a recuperación dos documentos.
A súa misión é facilitar ao usuario o acceso á información contida en bases de datos bibliográficas, textos, coleccións multimedia, bibliotecas, portais e outras bases de coñecemento.