Os traballos académicos e de investigación deben ser orixinais e basearse no coñecemento científico existente: teorías, ideas, datos etc., pero teremos que citar e indicar os datos bibliográficos de todas as fontes utilizadas na súa elaboración.
Ten que quedar claro que parte do traballo é froito do noso estudo e reflexión, e que información provén de documentos consultados. Deste xeito, respectaremos os dereitos de autor e non incorreremos en plaxio.