Os libros son unha excelente forma de ampliar os teus coñecementos ou comezar a investigar sobre un tema. A Biblioteca conta cunha ampla colección de libros en formato impreso e electrónico.
Para buscar un título concreto, as obras dun autor/a, facer unha busca dun tema ou localizar a bibliografía recomendada dunha materia, utiliza o Buscador Perseo.
Nos seguintes apartados veremos como se organiza a colección de libros impresos e a de libros-e.