Os estilos bibliográficos son un conxunto de regras que axudan a organizar a información consultada. Definen que datos debes incluír ao citar así como a orde e a tipografía no que aparecerán. A pesar de haber normas internacionais respecto diso, non hai un único estilo adoptado globalmente. Normalmente cada disciplina ten un estilo de cita.
Vancouver é o estilo máis utilizado no ámbito das Ciencias da Saúde. Elaborado polo Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas (ICMJE), ten a súa orixe nos "Requisitos de Uniformidad para Manuscritos Enviados a Revistas Biomédicas". Tras varias actualizacións pasa a chamarse "Recomendacións para a realización, presentación de informes, edición e publicación de traballos académicos de revistas médicas" (Recommendations for the Conduct, Reporting, Editing, and Publication of Scholarly Work in Medical Journals). A última versión é de xaneiro de 2024.
Para saber como citar e elaborar bibliografías co estilo Vancouver consulta a guía elaborada pola Biblioteca Universitaria de Vigo:
Para máis información sobre outros estilos de cita, consulta a biblioguía: