Esta guía axudarache a comezar a túa investigación e atopar as mellores fontes de información académica para os ámbitos da enxeñaría informática e a intelixencia artificial. Con estes recursos, seleccionados polo persoal da Biblioteca, poderás:
- Identificar e localizar libros, revistas e outros recursos interesantes para enxeñaría informática e intelixencia artificial a través do buscador Perseo.
- Acceder a bases de datos multidisciplinares e especializadas nas que atopar as investigacións máis relevantes.
- Coñecer sitios web útiles e a outros recursos de información de acceso aberto.
- Aprender a citar e referenciar correctamente a bibliografía nos teus traballos académicos.