Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Informática e intelixencia artificial

Guía de recursos de enxeñaría informática e intelixencia artificial

Bases de datos

As bases de datos bibliográficas son potentes ferramentas para a investigación, xa que describen publicacións científicas como artigos de revistas, libros, actas de congresos etc., e proporcionan información científica contrastada, relevante e actualizada. Ademais, facilitan a localización de información precisa e exhaustiva ao proporcionar eficaces ferramentas de busca.
A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.

Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións; cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón  Botón Buscador Perseo

Botón de Perseo na Web of Science

Imaxe: Rexistro bibliográfico co botón de Perseo na base de datos Web of Science

Bases de datos multidisciplinares

Bases de datos especializadas

Recursos electrónicos A-Z

Podes obter máis información sobre as bases de datos ás que tes acceso consultando a listaxe de Recursos electrónicos A-Z.