Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Como localizar libros electrónicos

Acceso á plataforma

Legalteca é a plataforma que contén os libros electrónicos de Aranzadi-La Ley, Civitas, CISS e Lexnova mercados pola biblioteca. Todos os libros están incluídos no buscador Perseo con dúas modalidades de acceso: acceso por IP (Aranzadi Libros Legalteca) e acceso á versión en liña en ordenadores habilitados para elo na Biblioteca (Aranzadi Libros DUO Legalteca). A información sobre o tipo de acceso figura detallada en cada un dos títulos no buscador Perseo.

Acceso por IP: para acceder ao contido do libro basta con premer no enlace (Aranzadi Libros Legalteca). Se accedes desde fóra do campus, cómpre indentificarse como membro da Universidade de Vigo. 

Acceso en ordenadores habilitados na Biblioteca: consulta como acceder no mostrador de préstamo. 

Condicións de uso Aranzadi Libros Legalteca (acceso IP)

Lectura En liña Si
Sen conexión Si, pódese crear unha versión ofline
Funcionalidades Accesibilidade Si, tamaño letra e fondo
Notas, marcadores, subliñados Si
Audiolibro Non
Mi biblioteca /Andel Si
Xerar referencias bibliográficas Non
Dicionario e tradutor Non
Conta persoal Conta institucional
Impresión ou copia Si, capítulos
Límite de usuarios Ilimitado
Contido accesible Aranzadi, Civitas, Aranzadi LA LEY, Lex Nova

Condicións de uso Aranzadi Libros DUO Legalteca (acceso contrasinal)

Lembra que os libros electrónicos de Aranzadi DUO só se poden consultar en ordenadores habilitados da Biblioteca Universitaria. Consulta no mostrador de préstamo.

Lectura En liña Si
Sen conexión Si, pódese crear unha versión ofline
Funcionalidades Accesibilidade Si
Notas, marcadores, subliñados Si
Audiolibro Non
A miña biblioteca / Andel Si
Xerar referencias bibliográficas Non
Dicionario e tradutor Non
Conta persoal Conta institucional
Impresión ou copia Si
Límite de usuarios Si
Contido accesible Títulos publicados por Aranzadi, Civitas e CISS