Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Como localizar libros electrónicos

Buscar libros electrónicos en Perseo

Perseo é a principal ferramenta de busca de información que a Biblioteca da Universidade de Vigo pon á túa disposición. En Perseo podes localizar documentos impresos e electrónicos (libros, revistas, artigos, capítulos de libro etc.), tanto subscritos pola UVigo como de acceso aberto. Ademais, permite recuperar o contido do repositorio institucional Investigo.

pantalla principal Perseo

Perseo busca na maior parte dos contidos subscritos pola Biblioteca, pero non en todos. As excepcións inclúen as seguintes bases de datos: 

  • AENORmás.
  • Aranzadi Instituciones
  • JCR.
  • La página del Medio Ambiente (Ecoiuris).
  • MyNews Hemeroteca.
  • QMemento Contable (Quantor Contable).
  • QMemento Fiscal (Quantor Fiscal).
  • SABI.
  • Legalteca.
  • Tirant Prime.

Na busca simple, para atopar libros electrónicos selecciona a opción "Recursos electrónicos" e preme na lupa despois de introducir na caixa o termo da busca:

busca simple libro electrónico Perseo

Obterás unha lista de resultados, na que podes aplicar o filtro "Libro" na parte esquerda da pantalla, para eliminar aqueles resultados que non son libros (revistas electrónicas, capítulos, artigos etc.):

Preme no título ou en Dispoñible en liña para ver o rexistro completo do libro. No apartado "Ver en liña-Dispoñibilidade do texto completo" está a ligazón da editora ou plataforma de libros electrónicos que contén ese libro:

libro electrónico información completa

Ten en conta que se se trata dun libro electrónico que require subscrición, poderás ler o texto completo desde un ordenador conectado á rede da Universidade de Vigo (wifi ou eduroam) ou terás que identificarte como membro da Universidade de Vigo, se accedes desde fóra. Consulta a nosa guía Acceso aos recursos-e desde fóra da UVigo.

Cando queremos localizar libros electrónicos marcamos "Recursos electrónicos" e "Libros" nos criterios de busca. Podemos precisar a busca cos filtros título, autor/a, tema, ISBN, idioma e ano. Unha vez establecidos os criterios, prememos en "Buscar".

 

Na páxina de resultados, preme no título ou en "Dispoñible en liña" para ver o rexistro completo do libro.

 

Aparecerá o rexistro completo e teremos que ir a "Ver en liña-Dispoñibilidade do texto completo" onde está a ligazón da editora ou plataforma de libros electrónicos.

libro electrónico información completa Perseo

Ten en conta que se se trata dun libro electrónico que require subscrición, poderás ler o texto completo desde un ordenador conectado á rede da Universidade de Vigo (wifi ou eduroam) ou terás que identificarte como membro da Universidade de Vigo, se accedes desde fóra. Consulta a nosa guía Acceso aos recursos-e desde fóra da UVigo.