Son o medio por excelencia para difundir a produción científica; a Biblioteca conta cunha importante colección de revistas impresas e electrónicas, estas últimas accesibles a través das plataformas dos distintos editores.
Normalmente empregarás as bases de datos para localizar artigos publicados sobre un tema de investigación, pero se necesitas identificar e localizar revistas do teu ámbito, podes empregar:
Acceso á colección de revistas JSTOR Archival Journal and Primary Source, predominantemente do ámbito das humanidades, ciencias sociais e xurídicas.
JSTOR (Journal Storage) é un proxecto que consiste na dixitalización de publicacións periódicas para a súa preservación.
Principais revistas de Cambridge University Press sobre ciencias, ciencias sociais e humanidades.
Acceso ao texto completo de libros e revistas académicas e de investigación editados por Oxford University Press en conxunto con sociedades científicas de alto prestixio internacional.
Outras guías e titoriais: Buscar en Oxford Academic e videotitorial.