Os estilos bibliográficos son un conxunto de regras que axudan a organizar a información consultada. Definen que datos debes incluír ao citar así como a orde e a tipografía no que aparecerán. A pesar de haber normas internacionais respecto diso, non hai un único estilo adoptado globalmente. Normalmente cada disciplina ten un estilo de cita.
En humanidades empréganse os estilos MLA e APA.
MLA é o estilo creado pola Modern Language Association, e emprégase principalmente no ámbito das humanidades, lingua e literatura.
APA é o estilo de normas de citación adoptado pola American Psychological Association, e empregase no ámbito das ciencias sociais e as humanidades.
Lembra que se estás a preparar o teu TFG, TFM ou tese, debes consultar co teu titor/a ou director/a que estilo debes empregar.
Para saber como citar e elaborar bibliografías co estilo MLA e APA consulta as guías elaboradas pola Biblioteca da Universidade de Vigo:
Para máis información sobre outros estilos de cita, consulta a biblioguía "Citar e referenciar".