Networked Digital Library of Theses and Dissertations é unha organización internacional que promove o acceso aberto e a creación, uso, difusión e preservación de teses electrónicas (ETD). Dispón dun arquivo dixital para a consulta de teses de institucións de todo o mundo.
Permite buscar teses electrónicas e outros traballos académicos en acceso aberto de universidades de todo o mundo.
Referencias bibliográficas e abstracts de teses e tesinas lidas en institucións de todo o mundo dende 1861, algunhas delas dispoñibles a texto completo en formato PDF.