Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Como localizar teses de doutoramento

Teses da Universidade de Vigo

Para  localizar as teses de doutoramento da Universidade de Vigo podes empregar dúas fontes propias: Investigo e Perseo.

 

Investigo é o repositorio institucional da Universidade de Vigo que recolle, difunde e preserva a produción científica do seu persoal investigador, e polo tanto recolle tamén:

  • as teses de doutoramento lidas na Universidade de Vigo a partir de xaneiro de 2017 e que están depositadas baixo unha licenza Creative Commons By-Nc-Nd.

  • teses anteriores ao 2017, depositadas no Arquivo Universitario en formato cd-rom, cuxo/a autor/a asinou a autorización de depósito e difusión en Investigo.

Para saber como buscar en Investigo, podes consultar a Axuda de investigo, no apartado "Buscar e Atopar".

No buscador Perseo podes localizar as teses da Universidade de Vigo anteriores a 2017.  

Para atopalas, emprega a opción da busca avanzada e segue estas indicacións:

  1. Introduce os termos de busca correspondentes (autor/a, título, tema etc.).
  2. Engade un campo de busca no que selecciones a opción "Tema" "contén": Universidade de Vigo.
  3. Limita por "Tipo de material": "Teses de doutoramento".

O procedemento de consulta e préstamo das teses aparece indicado no apartado das localizacións do seu rexistro:

  • Haberá exemplares que poderás levar en préstamo e outras terás que consultalas nas salas das bibliotecas correspondentes.
  • As teses inéditas (non publicadas), que están depositadas e custodiadas no Arquivo Universitario, están excluídas do préstamo e para a súa consulta en sala precisas encher un formulario de compromiso de non reprodución e de cita da fonte.