As bases de datos son potentes ferramentas para a investigación, empréganse para obter información académica sobre un tema. A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.
Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións; cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón 

Imaxe: Rexistro bibliográfico co botón de Perseo na base de datos Web of Science
As bases de datos multidisciplinares son aquelas que abranguen varias disciplinas científicas, entre as máis importantes están:
Indexa diversos tipos de documentos (artigos, capítulos, actas de congresos, patentes etc.) de todas as disciplinas científicas, cunha cobertura xeográfica moi ampla. Ademais, proporciona métricas derivadas das citas dos documentos polo que se emprega tamén na avaliación da produción científica.
Outras guías e titoriais: videotitorial
Plataforma que da acceso a varias bases de datos bibliográficas multidisciplinares e outros produtos de Clarivate (JCR, Incites etc.).
As bases de datos especializadas recollen publicacións sobre unha área cientifica determinada, e a miúdo dispoñen dun tesauro.
Estas son as bases de datos máis destacadas no ámbito das matemáticas:
Base de datos da American Mathematical Society que proporciona información sobre a investigación matemática e as súas aplicacións en campos relacionados.
Outras guías e titoriais: videotitoriais
Base de datos bibliográfica de acceso aberto sobre matemáticas puras e aplicadas que indexa artigos, capítulos de monografías e actas de congresos.
Producida pola European Mathematical Society, Heidelberg Academy of Sciences and Humanities e FIZ Karlsruhe.
Podes obter máis información sobre as bases de datos ás que tes acceso consultando a listaxe de Recursos electrónicos A-Z.